Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acordo político

O permiso de paternidade alongarase a catro semanas en 2011

Adiántanse os prazos contemplados na Lei de Igualdade para os pais que teñan, acollan ou adopten fillos.

Redacción / Europa Press - 19:10 27/05/2009

O permiso de paternidade ampliarase de 15 días a catro semanas de duración a partir do ano 2001. Así o acordaron os grupos parlamentarios de CiU e do PSOE no Congreso dos Deputados. O permiso aplicarase no caso de nacemento, acollemento ou adopción.

Segundo explicou a Europa Press a autora da iniciativa, a deputada de CiU Mercè Pigem, a proposta acurtará os prazos previstos polo goberno español na Lei de Igualdade para ampliar o permiso. A norma contemplaba alongalo a catro semanas de xeito progresivo durante os vindeiros cinco anos.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: