Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VULNERACIÓN LABORAL

Despiden un traballador na Coruña por pedir o permiso de paternidade

A Seguridade Social investiga o caso despois de recibir unha denuncia da CIG, que tamén acudirá aos tribunais.

Redacción - 11:31 27/02/2008

O de conxugar a vida familiar e laboral queda en moitos casos en papel mollado. Un exemplo témolo na Coruña. Nesta cidade, a CIG acaba de denunciar que a “Estación de Servizo Bens S.L” despediu un empregado por ter solicitado un permiso de paternidade. Segundo a versión do sindicato, os responsábeis da gasolineira non lle recoñeceron ao traballador este dereito e incluso lle negaron a documentación necesaria para tramitar o permiso na Seguridade Social. Logo de disfrutar finalmente de 13 días de suspensión de contrato por paternidade, o empregado atopou a carta de despedimento ao querer reincorporarse ao seu posto laboral.

A CIG denunciou os feitos diante da Seguridade Social, que xa anunciou que vai abrir un expediente, e tamén vai recorrer aos tribunais para que tome cartas no asunto. O sindicato tamén lle pide á Consellaría de Traballo que se implique no caso. Para este xoves, ás 12 horas, delegados concentraranse diante da gasolineira.


4,88/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: