Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XIV Congreso do PPdeG

Feijoo confirma que propoñerá a Rodríguez Miranda como voceiro

Danse a coñecer os nomes que integran a única candidatura que se presenta para dirixir a formación conservadora nos próximos anos.

Redacción - 18:53 09/05/2009
Antonio Rodríguez Miranda

Antonio Rodríguez Miranda

Como xa avanzara pola mañá Xosé Luís Baltar, Antonio Rodríguez Miranda ocupará a nova figura de voceiro do PPdeG cando remate o XIV congreso do partido que se desenvolve esta fin de semana na Coruña. O presidente da formación popular e único candidato á reelección, Alberto Núñez Feijoo, confirmou o dato.

Rodríguez Miranda será a "voz" do partido e formará parte das cinco vicesecretarías do PPdeG. O resto estarán integradas por Marta Rodríguez Ares, Rosendo Fernández, Xosé Manuel Rey Varela e Chema Figueroa.

Pola súa banda, o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, seguirá a ser secretario xeral e Xosé Manuel Barreiro, vicepresidente. Ambos os dous formarán parte da lista que Feijoo someterá ao referendo dos compromisarios do PPdeG. O Comité Executivo do partido conservador renovará o 40% dos seus integrantes.


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: