Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XIV CONGRESO DO PARTIDO

Baltar desvela que Antonio Rodríguez Miranda será o voceiro do PPdeG

Manteranse na executiva popular Alfonso Rueda e os catro presidentes provinciais, ademais de tres representantes da emigración.

Redacción / EP - 13:05 09/05/2009
Antonio Rodríguez Miranda é o voceiro do PPdeG en Allariz

Antonio Rodríguez Miranda é o voceiro do PPdeG en Allariz

O presidente do PPdeG ourensán, Xosé Luís Baltar, asegurou este sábado que o líder do partido, Alberto Núñez Feijoo, propoñerá o deputado Antonio Rodríguez Miranda como voceiro do partido.

Nunhas declaracións posteriores á toma de posesión dos novos altos cargos da Consellaría de Cultura e Turismo, o 'barón' ourensán asegurou que é "unha proposta que vÉn do señor Feijoo" e que a aceptou "por suposto" e "inmediatamente".

Baltar saudou que o 'número tres' do partido veña de Ourense. Asegurou que Rodríguez Miranda, nado na Bola en 1968 e ao que se referiu como 'Toñito', é "un home traballador, serio, con coñecementos e valente". "É un cacharro produto da xente de Ourense", concluíu.

O voceiro do partido acompañará na executiva 'popular' os xa confirmados Alfonso Rueda, como secretario xeral, e Xosé Manuel Barreiro como vicepresidente. Tamén formarán parte do novo Comité Executivo os outros tres presidentes provinciais do PPdeG, Carlos Negreira (A Coruña), Rafael Louzán (Pontevedra), e Xosé Luís Baltar (Ourense), ademais de Manuel Ruíz Rivas como voceiro parlamentario, a presidenta de Novas Xeracións, María Seoane, e os voceiros das sete grandes cidades. Tamén estarán tres residentes no exterior representando a emigración e 28 vogais.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: