Os sindicatos cualifican de "éxito total" a xornada e amezan con recruar as mobilizacións se a patronal non accede a negociar o convenio colectivo.
Seguen as movilizacións no sector do metal (Imaxe dunha manifestación anterior)
Máis de 10.000 persoas saíron este mércores ás rúas de Vigo para pedir que se recuperen as negociacións sobre o convenio colectivo, ocasionando cortes en varias zonas da cidade, así como en polígonos próximos como os de Porriño ou Vincios. Estas protestas acompañan as xornadas de paro que continuarán o xoves e que, segundo os sindicatos, están afectando a máis de 2000 empresas e 22000 traballadores en toda a circunscrición provincial.
Despois de marchar pola cidade os traballadores concentráronse na Praza do Rei, onde se celebrou unha asemblea informativa en que falaron os representantes das tres principais centrais sindicais do país. Pola CIG falou Antolín Alcántara advertindo que as ofertas á baixa da patronal son algo habitual, e sinalando despois que o sector do metal "é o único que ten capacidade para plantarlles cara e romper ese círculo".
Por parte de CC.OO. Ramón Sarmiento manifestou o seu desexo de que a folga deste mércores "teña suficiente repercusión" mentres que o representante de UGT, Diego Atanes recordou o obxectivo das mobilizacións: a procura dun "convenio xusto para todos". Atanes pediu á administración "que non desapareza, porque ten que mediar en todos os conflitos".