Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Alerta sanitaria

México eleva a 159 o número de mortes "sospeitosas" de ter sido provocadas pola gripe do porco

Redacción - 09:00 29/04/2009
Os bares e pubs están pechados até o vindeiro 5 de maio en México, e os restaurantes só poden vender comida para levar

Os bares e pubs están pechados até o vindeiro 5 de maio en México, e os restaurantes só poden vender comida para levar

O secretario xeral de Saúde mexicano, Jose Ángel Córdova, anunciou esta cuarta feira que o número de mortes "sospeitosas" de ter sido provocadas polo brote de gripe do porco aumentou a 159. Porén, o goberno só puido confirmar que sete dos falecementos foron provocados, con certeza, pola influenza do porco.

Ademais, hai outras 1.311 persoas que se atopan recibindo asistencia médica nos hospitais, dun total duns 2.500 sospeitosos de portar o virus H1N1, segundo os datos oficiais.

O goberno español destinará a México para loitar contra o brote de gripe
O goberno español doará un millón de euros a México como medida de apoio para facerlle fronte ao brote de gripe do porco,e asistir os mexicanos con medicamentos e materiais coma máscaras e antivirais que preveñan o contaxio do virus.

Segundo informou o ministro Conselleiro da Embaixada española, Pedro Martínez-Avial, esta medida foille anunciada polo presidente do goberno español, Jose Luís Rodríguez Zapatero, tras falar co seu homólogo mexicano, Felipe Calderón.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



As máscaras, chamadas en México 'cubrebocas', están á orde do día, e hai quen aproveita para 'customizalas'
As máscaras, chamadas en México 'cubrebocas', están á orde do día, e hai quen aproveita para 'customizalas'
En DF todo o mundo emprega a máscara no transporte público
En DF todo o mundo emprega a máscara no transporte público