Máis de 162 mil persoas están rexistradas como demandantes de traballo en Galiza. No primeiro trimestre de 2009 aumentou en 33 mil o número de parados.
Os datos da Enquisa de Poboación Activa relativos ao primeiro trimestre de 2009 son máis que preocupantes. Segundo o estudo, en Galiza hai máis de 162 mil persoas buscando traballo, 33 mil máis que no último trimestre do ano pasado. Con estes datos, a taxa de paro aumenta notabelmente e xa supera o 12%.
Aínda así, o noso país é, polo de agora, dos que menos está a sufrir os efector da crise a nivel estatal. No Estado Español a taxa de paro xa supera o 17% e o número de parados é algo maior aos catro millóns. Os datos son os peores dende que existen estudos sobre a poboación activa (1976).
Confírmanse os peores augurios
Os pésimos datos de paro dados a coñecer este venres veñen confirmar peores prognósticos. Hai que lembrar que este mesmo mes o Banco de España sinalaba que o paro podía superar o 17% a finais de ano e pasar do 19 ao final do vindeiro. Porén, estas cifras, en vista do último estudo, poden ser aínda máis negativas.