Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A paz, en perigo

O IRA da Continuidade reivindica a última das mortes en Irlanda do Norte

Ao igual que o IRA Auténtico, é un dos grupos disidentes opostos ao proceso de paz que deu comezo cos Acordos de Venres Santo.

Redacción - 12:30 10/03/2009
O CIRA oponse ao proceso de paz

O CIRA oponse ao proceso de paz

Segundo as axencias internacionais, medios de comunicación de Belfast informaron de que o grupo disidente Continuity IRA (CIRA, IRA da Continuidade) reivindicou a última das mortes en Irlanda do Norte.

O CIRA, que distribuíu un comunicado entre os xornalistas, é un dos grupos escindidos do IRA Provisional (PIRA, coñecido comunmente como IRA) opostos ao proceso de paz que deu comezo cos Acordos de Venres Santo.

A paz, en perigo (Actualizado ás 10.00 horas)
Membros de faccións disidentes do IRA, supostamente do IRA Auténtico, abateron este luns á noite nun tiroteo un axente de policía que investigaba o asalto deste sábado a unha base militar británica. Esta nova morte, na localidade norirlandesa de Craigavon, ao sur de Belfast, fai saltar as alarmas sobre unha posíbel volta á violencia sectaria.
 
O representante do Sinn Féin en temas policiais Alex Maskey cualificou de "traxedia horríbel" o suceso. "Gustaríame enviar as nosas condolencias á súa familia e expresar a nosa pena e carraxe porque isto ocorra outra vez", lamentou en declaracións á BBC. Os republicanos xa pediran este luns a colaboración da cidadanía.

O seu socio de coalición, o Partido Unionista Democrático (DUP) repudiou a "atrocidade" cometida e cualificou de "alimarias" os seus autores. "O que vimos nas últimas 36 horas é un esforzo deliberado realizado por asasinos terroristas para tentar arrastrar Irlanda do Norte aos peores días do pasado do Ulster", denunciou.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: