Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Irlanda do Norte

Dous militares mortos nun asalto contra unha base británica ao norte de Belfast

O xefe da Policía alertara hai uns días dun incremento da actividade dos paramilitares, aínda que polo de agora ignórase a autoría.

Redacción - 10:55 08/03/2009

Polo menos dous militares morreron e outras catro persoas resultaron feridas de gravidade como consecuencia dun asalto nunha base do Exército ao norte de Belfast (Irlanda do Norte), segundo informaron fontes policiais.

Dous dos feridos eran civís e os outros dous militares, todos homes, e foron trasladados en graves condicións a un hospital. O incidente tivo lugar no condado de Antrim, a uns 25 quilómetros ao norte de Belfast ás 22.40 hora galega. A Policía de Irlanda do Norte vai levar a cabo a investigación "xa que é un delito en territorio norirlandés", sinalaron as mesmas fontes.

Un portavoz do ministerio de Defensa, en declaracións á BBC cualificou o tiroteo como "planeado". Crese que se produciron dúas longas series de disparos separadas por un breve intervalo de tempo. Este domingo pola mañá desenvolvíanse operacións de seguridade nos arredores e selouse a entrada e a saída do campamento militar, onde se aloxa o 38 Rexemento de Enxeñería do Exército.

Incremento da actividade dos paramilitares
Descoñécese polo momento a autoría do asalto, que se produce logo de que o pasado venres o comisario xefe do Servizo de Policía de Irlanda do Norte (PSNI, nas súas siglas en inglés), Hugh Orde, ordenase o apoio dun dispositivo de Londres despois de constatar un incremento da actividade dos paramilitares.

O MI5 británico, responsábel de solicitar información na materia, elevou o nivel de alerta á categoría de "severo", o que significa que un atentado é "altamente probábel".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: