Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Irlanda do Norte

O Sinn Féin pide a colaboración da cidadanía para capturar os autores do ataque á base militar británica

"Coido que o que ocorreu foi un ataque contra o proceso de paz. Algo erróneo e contraproducente", declarou o seu presidente, Gerry Adams.

Redacción - 18:45 09/03/2009
O RIRA oponse aos Acordos de Venres Santo

O RIRA oponse aos Acordos de Venres Santo

Gerry Adams, presidente do Sinn Féin, brazo político do xa inactivo IRA Provisional (PIRA, coñecido comunmente como IRA), pediulle este luns á comunidade norirlandesa que axude a Policía a atrapar os autores do ataque cometido esta fin de semana.

Ao igual que este domingo, Adams condenou o asalto do IRA Auténtico (Real IRA, RIRA) -unha escisión do IRA- á base militar de Massereene, a uns 25 quilómetros ao norte de Belfast, onde morreron dous soldados e catro persoas resultaron feridas.

Apoio sen precedentes
"Coido que o que ocorreu foi un ataque contra o proceso de paz. Foi algo erróneo, contraproducente. Os meus pensamentos están coas familias dos dous homes asasinados e dos que foron feridos", declarou Adams á emisora pública británica BBC Radio 4.

"A lóxica de todo isto é que apoiemos a Policía na captura dos involucrados" no atentado, remarcou o líder republicano, que instou os simpatizantes do seu partido a colaborar coa Policía se teñen pistas sobre os terroristas.

Adams salientou a importancia ao valor simbólico do apoio da súa formación as forzas de seguridade neste caso, que "non ten precedentes" porque, historicamente, "os republicanos non queren o Exército británico en Irlanda". "Subliño de novo que iso non xustifica o ocorrido o sábado", puntualizou.

Críticas á Policía autónoma irlandesa
O presidente do Sinn Féin volveu criticar a recente decisión da Policía autónoma norirlandesa (PSNI) de solicitar a intervención dos servizos secretos (MI5) e as Forzas Armadas británicas para afrontar a crecente ameaza de faccións disidentes do IRA.

O líder republicano cualificou a decisión de "enorme equivocación", pois "esas unidades no pasado provocaron o mesmo sufrimento que están soportando, desafortunadamente, as familias dos dous soldados británicos asasinados".


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: