A CIG considera excesiva a condena e adianta que recorrerá o fallo xudicial porque se criminaliza ao movemento sindical.
Os catro traballadores do sector do metal que foron xulgados o pasado cinco de febreiro acusados dos desordes e danos producidos durante as folgas de 2007 foron condenados a oito meses de prisión e unha indemnización a razón de cinco euros por día durante vinte días.
A CIG-Metal xa considerou a condena "excesiva, porque non se pode acusar a estes catro traballadores por algo que non fixeron, son inocentes, e aquí o que se quere é criminalizar o movemento obreiro, e neste caso á forte organización sindical que existe no metal".
Con todo, sinalan que "nos sentimos satisfeitos porque se reduce dun xeito moi importante a pena que se solicitaba, o que é consecuencia da loita e da mobilización do sector". Doutra banda, recordan que "veñen máis xuízos", onde tamén haberá peticións de penas moi importantes, polo que preparan novas mobilizacións.