A Xunta Electoral Central tomou a decisión este martes á noite a petición do Ministerio de Exteriores.
A Xunta Electoral Central (JEC) ditou este martes á noite unha instrución para que o certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular teña idéntico valor que a fotocopia do pasaporte ou do documento de identidade (DNI) no voto por correo dos emigrantes nas eleccións do 1 de marzo. Xa que logo, calquera destes tres papeis deberán acompañar ao sobre co sufraxio para que este teña validez
A decisión tomouse a petición do Ministerio español de Asuntos Exteriores. A Dirección Xeral de Asuntos Consulares comunicoulle a JEC que a certificación debe emitirse exclusivamente a petición do interesado e é condición previa para a súa inclusión no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).