Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS DO INE

A caída dos prezos deixa o IPC no 0,5%

Nos últimos doce meses non houbo inflación na demarcación de Pontevedra, segundo o índice oficial.

Redacción - 10:43 13/02/2009

Os prezos baixaron en Galiza un 1,6 por cento no mes de xaneiro, o que sitúa o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) interanual no 0,5 por cento, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). O descenso foi meirande ca no Estado Español, onde o descenso dos prezos no mes pasado foi do 1,2 por cento e o aumento interanual do 0,8.

Porén, se os prezos non baixaron no país máis foi polos datos da demarcación da Coruña, onde o IPC interanual quedou no 1 por cento, fronte ao 0,3 de Ourense, o 0,1 de Lugo ou o 0 de Pontevedra, onde, segundo o INE, os prezos son os mesmos ca hai un ano.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: