Este luns, a partir da cinco e media da tarde, Fernández Paz e Manuel Bragado debatirán sobre 'literatura e blogs'.
O colectivo pontevedrés Pavís-Pavós foi o encargado de dirixir o espectáculo. O amor, como eixo central da programación, e Portugal, como país convidado, son os protagonistas dunha edición especial na que a escritora Fina Casalderrey será homenaxeada pola organización do Salón en nome dos colectivos educativos, sociais e culturais comprometidos neste foro de promoción da lectura.
Unha sesión de contacontos, un obradoiro infantil e un espectáculo teatral este domingo 1 de febreiro, foron as primeiras actividades da X edición. É o inicio de dúas semanas de intensa actividade no Pazo da Cultura, cunha manchea de cursos, conferencias e espectáculos para todos os públicos. Asemade, as exposicións que este ano integran o Salón, entre elas, a que reúne os traballos dos escolares da bisbarra, permanecerán abertas ao público até o vindeiro 15 de marzo, data na que se fará a clausura oficial da X edición.
Para este luns, o máis destacado e a conferencia que conxuntamente ofrecerán Agustín Fernández Paz e Manuel Bragado, sobre Literatura e literacidade electrónica. O papel dos blogs, a partir das cinco e media da tarde, no Pazo da Cultura.
Portugal e o amor, protagonistas do Salón do Libro de Pontevedra
Consulta o programa do Salón (.pdf)