A senadora da oposición, Piedad Córdoba, fixo o anuncio. Participarán a Força Aérea Brasileira e o Comité Internacional da Cruz Vermella.
Piedad Córdoba
A senadora colombiana Piedad Córdoba anunciou esta cuarta feira (hora local) que a Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) entregarán o domingo seis reféns, dos que se descoñece a identidade, que a guerrilla ofreceu liberar unilateralmente en decembro.
A política opositora abriu a posibilidade de que poidan ser postos en liberdade máis retidos e confirmou que a infraestrutura para o operativo xa esta lista. "Xa teño as coordenadas, o vindeiro domingo é a primeira liberación", dixo.
A entrega bloqueouse días atrás porque as FARC pedían a intervención internacional e o goberno de Álvaro Uribe negábase. Finalmente aceptou que participen helicópteros da Força Aérea Brasileira e do Comité Internacional da Cruz Vermella.
Córdoba, nunha entrevista en TeleSur, manifestou que a principal exixencia feita ao goberno de Colombia é que garanta a seguridade de todos os participantes na liberación, que se desenvolverá en tres etapas. "Temos que avanzar cara ao proceso do cambio humanitario", sinalou.