Unha reportaxe da BBC presenta a Owen Brown, o afeccionado de máis idade a este tipo de música.
Os vellos rockeiros nunca morren. Esta frase, tantas veces repetida, poderíaselle aplicar ao que, posibelmente, sexa o heavy máis vello do mundo, e non pensa cambiar de música. Owen Brown, veciño de Weobley (Herefordshire, Inglaterra) de 82 anos, fala da súa afección nun vídeo da BBC.
Tamén resulta curioso que el xa tiña unha certa idade cando naceu este estilo de música, pero o certo é que o enganchou. Os seus grupos favoritos son Judas Priest e Iron Maiden. Porén, ao seu fillo deulle polo jazz.