O concerto comezará ás dez da noite, con prezos entre 22 e 26 euros. A actuación da mítica banda de heavy-metal
Helloween, que no Estado só pasará por Madrid, Bilbao e Barcelona, forma parte do programa de
Xoves con Arte do Concello de Lugo. A cita é no recinto feiral de Lugo, a partir das oito da tarde. Helloween estarán acompañados dos tamén alemáns
Gamma Ray e
Axxis, cos que xa compartiron escenario en máis dunha ocasión.
A Concelleira de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo, Carmen Basadre, salientou hai unhas semanas, cando presentou o concerto, que "será unha oportunidade única para que todos os amantes do heavy metal gocen con estes grupos que estarán na cidade non só para actuar, senón que pernoctarán en Lugo dando a oportunidade aos seus seguidores de coñecelos". Os membros de Helloween foron os que seleccionaron persoalmente a cidade de Lugo para ser un dos puntos xeográficos da súa xira en España, por ser unha das cidades con máis afección á música heavy.