Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATAQUE SUICIDA

Arredor de 40 mortos nun atentado contra unha mesquita xií en Iraq

Segundo a policía de Bagdad, o incidente provocouno unha muller cargada cun chaleco explosivo.

Redacción / EP - 16:50 04/01/2009

Unha terrorista suicida deixou, polo menos, 38 persoas mortas, na súa maioría peregrinos iranianos, e 65 feridas despois do estourido da carga que levaba perante a mesquita xií Imam Musa, en Xadamía, no noroeste de Bagdad. O atentado produciuse durante os preparativos para a cerimonia da Axura, que conmemora a morte de Huseín, neto de Mahoma.

Segundo informou un voceiro da Policía local, o ataque perpetrouno unha terrorista suicida "vestida cun chaleco explosivo que conseguiu chegar a un posto de control preto da mesquita e se fixo estoupar no medio dos peregrinos".

O ataque prodúcese poucos días despois de que a participación das forzas estadounidenses en Iraq pasou a ser competencia do goberno iraquí, unha vez rematado o mandato da ONU, o 31 de decembro. Cada ano, centros de miles de xiís iraquís visitan a cidade santa de Kerbala, a 80 quilómetros ao suroeste de Bagdad para conmemorar a Axura, unha das datas más significativas do seu calendario.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: