Unha muller fixo estourar un explosivo no concorrido mercado de animais de Ghazil.
A espiral de violencia en Iraq non se detén. Dúas bombas estouraron este venres en dous mercados de animais de Bagdad, deixando máis de 60 mortos e 110 feridos.
O primeiro atentado tivo lugar no mercado de Ghazil, no centro da capital iraquí. Segundo as primeiras informacións a acción perpetrouna unha muller suicida. A outra bomba tiña como obxectivo un mercado de aves do sur de Bagdad.