Os organizadores do Foro Económico Social de Suíza convidan os usuarios da rede a subir vídeos nos que dirixirse aos líderes mundiais.
O Premio Nobel da Paz, Muhammad Yunnus, o cantante Bono, o millonario Bill Gates, Paulo Coelho... Son moitos os que quixeron facer a súa achega en Youtube na busca de propostas para mellorar o mundo. Esta era a "Pregunta de Davos", unha iniciativa posta en marcha polo Foro Económico Social que se celebrará naquela cidade suíza a partir do vindeiro 28 de xaneiro. Como xa acontecera o ano pasado, convidou aos internautas a enviar os seus vídeos con ideas e propostas que poidan axudar a solucionar algún dos problemas que sofre a humanidade. E as ideas non se fixeron agardar: milleiros de persoas enviaron os seus vídeos, nos que hai opinións de todo tipo.
Agora, os propios usuarios poderán votar as mellores propostas. Ábrese así o debate a través da web e prevese que o autor da peza que obteña a mellor cualificación sexa convidado especial no encontro internacional. Alí representará á cidadanía e encargarase de cubrir a xuntanza vía Youtube, segundo explicou a organización nun comunicado.
Estas son algunhas das achegas que xa se poden ver en Youtube.