"Um outro mundo é posíbel" será lema fundamental para o Foro Social Mundial que dende este mércores e ata o próximo luns volve a Porto Alegre, a cidade que lle deu orixe. Entre 100 e 200 milleiros de persoas se agarda que participen dos seminarios, debates e outras actividades convocadas. "Loitas sociais e alternativas democráticas", "Construcción dunha nova orde democrática internacional" ou "Economías soberanas" estarán entre a ducia de eixos temáticos arredor dos que se dialogue. Por outra banda, en Davos comeza o Foro Económico Mundial, co lema "Asumindo a responsabilidade en decisións difíciles" e informes na mesa que confirman o incumprimento das promesas sobre desenvolvemento de xuntanzas anteriores.