Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FORO ECONÓMICO

Davos achega propostas prácticas a prol do desenvolvemento

Cunha axenda crecentemente condicionada pola coincidencia en datas co propio Foro Social Mundial e con mobilizacións alterglobalizadoras ás portas da xuntanza, o Foro Económico Mundial vén virando nos últimos tempos cara un discurso de "boas intencións". En videoconferencia, o presidente francés sorprendeu este mércores o auditorio propoñendo unha taxa sobre as transacións financieiras internacionais que forneza un fondo especialmente adicado á loita contra a Sida, e sobre a que avaliou que podería recadar 10 mil millóns de dólares cada ano. Quixo precisar que non se trataría da aplicación da taxa Tobin, malia estar preto das propostas dos colectivos alterglobalizadores.

  • Anteriores: Porto Alegre vs. Davos, entre o mundo real e o posíbel

  • - 08:06 27/01/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)