Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Concello moi 'popular'

Franco marcha do colexio de Beariz, mais fica Carrero Blanco

Segundo publica o DOG, o ditador español non lle seguirá dando nome ao centro educativo, situado na avenida que leva o nome do xeneral fascista.

Redacción - 12:00 26/11/2008
O alcalde, Manuel Prado

O alcalde, Manuel Prado

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta cuarta feira unha orde da Consellaría de Educación, do pasado 14 de novembro, pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria CEIP Francisco Franco de Beariz (O Carballiño), polo de CEIP de Beariz.

A disposición, a proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, responde ao disposto no Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado en 1996, e aos diversos informes do departamento.

O que non muda é o enderezo do CEIP de Beariz, situado na Avenida Carrero Blanco. O PPdeG goberna este concello cunha 'ampla' maioría: os populares teñen o 100% dos edís (9), non hai ningún representante de ningunha outra formación. Nas eleccións municipais conseguiron o 89,19% dos votos (767). O BNG, o 8,95% (77) e 13 persoas (1,51%) votaron polo PSdeG.


3/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: