O fin é catalogar e salvagardar as 39 comunidades non contactadas que se calcula aínda existen.
Tribo amazónica atacando unha avioneta
A Fundación Nacional do Indio do Brasil (Funai) vai iniciar unha serie de exploracións para atopar tribos perdidas da Amazonia. Para iso, conta cun avión dotado dun sensor capaz de detectar a distancia a presenza humana pola temperatura do corpo.
A Funai calcula que existen 39 tribos na zona máis mesta do Mato Grosso. A súa intención non é que esas comunidades saian á luz pública e acaben destruídas pola civilización occidental, senón localizalas para evitar que os terratenentes e os empresarios mineiros accedan a esas áreas.
A nova técnica evitará accións máis agresivas, como as que supoñían as exploracións a pé pola selva. Segundo a fundación, con esta medida evitarase que se repita o que aconteceu cos piripkura, atopados hai dúas décadas e dos que só sobreviven dúas persoas.