 
 
Traballadores dunha compañía canadense que realiza exploracións petrolíferas na zona toparon coas "casas, carreiros e utensilios" dunha aldea.
 
											Mapa de tribos illadas no Perú
Traballadores da compañía canadense Petrolífera localizaron nas profundidades do Amazonas peruano unha aldea pertencente a un pobo indíxena que nunca fora contactado e que podería ser dos indíxenas cacataibo.
  Dous grupos desta etnia nunca foron vistos, malia que unha estrada divide o seu territorio en dous, e de que a súa terra foi aberta á exploración petrolífera por parte do goberno peruano, segundo asegurou a organización de defensa dos pobos indíxenas Survival International. 
  A ONG foi a que precisou nun comunicado que os traballadores da compañía canadense estaban realizando exploracións petrolíferas cando deron con "casas, carreiros e utensilios" dunha aldea.
Graves consecuencias
  Tanto os indíxenas como os traballadores poderían sufrir graves consecuencias, os primeiros porque poderían contraer enfermidades potencialmente mortais como a gripe, e os segundos porque corren o perigo de sufrir represalias se os consideran unha ameaza.
  Organizacións indíxenas locais, Survival e moitas outras, advertíronlles ás compañías petroleiras que traballan no Amazonas peruano que se manteñan fóra dos territorios dos indíxenas illados, onde se calcula que hai polo menos 15 grupos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto