Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
No Brasil

O suicidio e o alcolismo entre os mozos leva os indíxenas ao debate

A perda do territorio e a restrición da mobilidade dunha poboación tradicionalmente nómade lévaos a unha crise de valores culturais.

Redacción - 09:55 27/01/2008

Lideres políticos e espirituais das 26 comunidades indíxenas dos Kaigang e dos Guarani, do Mato Grosso do Sur (Brasil), van participar a mediados de febreiro na xuntanza Vamos Proteger os Nossos Jovens con mozos desas etnias nun debate sobre os principais problemas da xuventude.

Ambas as dúas comunidades rexistran altos índices de suicidio e alcolismo entre a poboación máis nova, segundo informa Agencia Brasil. Para Carlos Coloma, xerente do Proxeto Vigisus II da Fundação Nacional de Saúde (Funasa), o evento será "uma grande escuta coletiva".

O proxecto, que conta co apoio da Unesco, desenvolve actuacións nas áreas de saúde mental, promoción da medicina tradicional e vixilancia nutricional, ademais de produción de material educativo, estudos e publicacións técnico-científicas.

Segundo Coloma, as causas da grande incidencia do alcolismo nas poboacións indíxenas son ben coñecidas. No entanto, as razóns que levan aos suicidios aínda son "bastante nebulosas".

Alguén con quen falar
Como en calquera outra sociedade, afirma, é preciso evitar que os mozos indíxenas se sintan sós. "Eles necessitam de alguém com quem conversar, falar de seus sentimentos, de seus problemas, de suas preocupações".

O suicidio segundo Coloma é causa dunha multiplicidade de factores, sociais, económicos e emocionais, tal como a perda do territorio; a restrición de mobilidade dunha poboación tradicionalmente nómade; a ruptura entre xeracións coa consecuente quebra de valores e de modos de vida; o que provoca unha crise de valores culturais.


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: