Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémico alcalde de Vilamartín de Valdeorras

Manuel Candal: "No PP, salvo Baltar, fúngama todo o mundo"

Convoca o primeiro pleno en seis meses e non deixa falar a ninguén, nin sequera aos edís do seu grupo. As críticas chegan mesmo dende a Executiva en Santiago.

Redacción - 13:00 15/11/2008
O líder do PP ourensán, Xosé Luís Baltar

O líder do PP ourensán, Xosé Luís Baltar

O alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Manuel Candal (PPdeG) está a provocar unha crise interna no grupo municipal do seu partido. Agora non só o critica a oposición, senón tamén o PPdeG alén das portas da casa consistorial. De feito, a historia chegou a oídos do presidente provincial, Xosé Luís Baltar.

Ao parecer, o primeiro pleno que Candal convocou nos últimos seis meses foi o pasado 8 de novembro, logo das protestas da oposición, encabezada polo PSdeG. Porén, na sesión, o alcalde de Vilamartín non lle deixou falar a ningún dos edís, nin sequera aos do seu grupo. O pleno durou pouco máis de cinco minutos e, segundo afirmaron os presentes, foi un "monólogo do alcalde".

O PSdeG local prepara unha manifestación para o vindeiro 22 de novembro na que han "reivindicar a liberdade de expresión"; os populares de Vilamartín, e varios membros da Executiva do PPdeG, xa se lle queixaron a Baltar.

O presidente provincial, apremado polo "preocupación" polas críticas do seu propio partido, xuntouse esta semana con Candal. Baltar sinalou que ambos os dous decidiron darse mutuamente un "prazo dunha semana" para reconducir a situación, e o alcalde, pola súa banda, afirmou que no PPdeG, agás Baltar, "todos os demais fúnganma".


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Manuel Candal xa fora noticia cando manifestara, publicamente, a súas arelas de asinar convenios con Vicepresidencia

A situación, no mapa de concellos, de Vilamartín de Valdeorras
A situación, no mapa de concellos, de Vilamartín de Valdeorras