Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
mensaxes de arrepentimento

Alcaldes do PPdeG recoñecen que criticaron o Consorcio por presións internas

Polo menos tres rexedores enviaron cartas a Vicepresidencia expresando as súas desculpas e gabando a súa xestión. O que máis eloxia a Quintana, o alcalde de Vilamartín de Valdeorras.

Redacción - 14:00 11/05/2008

Polo menos tres dos oito alcaldes do PPdeG que criticaran o convenio das Galescolas elaborado por Vicepresidencia deron marcha atrás, após recibir as cartas que lles enviou Anxo Quintana esta semana rescindindo os acordos dos Concellos co seu departamento.

Estes tres alcaldes, segundo revela o xornal La Voz de Galicia, emitiron cadansúa carta a Quintana, recoñecendo e desmarcándose dos ataques da cúpula do PPdeG a Vicepresidencia, e comunicándolle, ao tempo, as súas arelas de seguir adiante co convenio entre os seus Concellos e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para xestionar as súas Galescolas.

Os rexedores sinalados son os de Vilamartín de Valdeorras, Manuel Candal; O Rosal, Jesús Fernándes; e Antas de Ulla, Javier Varela. Os tres asistiron, xunto cos alcaldes do Pino, Muíños, As Neves, Lousame e Riós, á conferencia de prensa na que o PPdeG acusaba a Vicepresidencia de estar disposta a "asfixiar economicamente" os Concellos que entren no Consorcio.

"Deféndoo como única persoa capaz de presidir os destinos de Galiza"
Nas súas misivas, os tres rexedores expresan as súas desculpas e mesmo chegan a gabar o labor do Consorcio e de Anxo Quintana. De entre eles destaca o arrepentimento de Manuel Candal, alcalde de Vilamartín de Valdeorras, que mesmo lle confesa a Quintana que as súas "únicas e reiteradas opinións son de gabanzas e de agradecemento á súa política e a canto representa (...) Deféndoo como única persoa capaz de presidir os destinos de Galiza, culpando ao PP das súas responsabilidades e de non querer dar os pasos necesarios".

Velaquí as declaracións feitas a pasada sexta feira por Candal ao xornal La Región de Ourense:


4,88/5 (24 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: