Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CAMPAÑA DE NADAL

O iPhone chegará en novembro a máis tendas do país

Telefónica levará o teléfono a localidades como Ordes ou Sanxenxo "pola súa forte demanda", aínda que outras fontes aseguran que non se vendeu como se agardaba.

Redacción - 09:00 30/10/2008

O iPhone vaise vender en máis puntos do país a partir do mes de novembro. Segundo informa Telefónica, sumaranse á rede de distribución do teléfono de Apple localidades como Ordes, Narón, Vilagarcía ou Sanxenxo, até un total de 163 estabelecementos en toda Galiza. Tamén se incorporan varias cadeas de grandes superficies comerciais na metade oriental do país.

Aínda que a empresa de telecomunicacións xustifica a ampliación da rede de vendas do iPhone 3G pola súa forte demanda, o certo é que hai outras informacións que indican que Telefónica só conseguiu vender unhas 80 mil unidades, por debaixo das expectativas da empresa, e que levar o aparello ao maior número de puntos de venda posíbeis axudaría a aumentar esas cifras.

En calquera caso, a compañía afronta, con esta medida, a campaña de Nadal, que xa está ás portas. Telefónica indica que o modelo de 16 Gb é o máis comercializado e que o iPhone supón arredor da metade das vendas de 'smartphones' do Estado Español.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: