A compañía norteamericana vai proceder a reemprazar os cargadores da batería do móbil iPhone 3G porque o enchufe sóltase e provoca unha pequena descarga eléctrica.
O iPhone ten os seus primeiros problemas
Nun comunicado colgado na súa páxina web, Apple confirma que os cargadores provocan pequenas cambras, pero que non teñen constancia de que se producise ningunha lesión.
Apple tamén explica na súa web como deben proceder os usuarios para acceder a reemprazar de modo gratuíto os cargadores.
Estes cargadores de batería do iPhone 3G véndense en media docena de países latinoamericanos, ademais de en Xapón, Canadá e os Estados Unidos.
FWWWRANDO