Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CAMPAÑA PROMOCIONAL

Movistar prepara a venda do iPhone

Unha web posta en marcha, e despois desactivada, polo operador confirma o lanzamento, aínda que hai dúbidas sobre a data.

Redacción - 12:55 02/06/2008
Captura da web 'desaparecida' / Applesfera

Captura da web 'desaparecida' / Applesfera

A operadora de telefonía móbil española Movistar xa se está a preparar para o lanzamento do iPhone no Estado. De feito, durante algúns momentos estivo activa unha web dentro do seu dominio para poñer en marcha unha campaña promocional.

En Applesfera especúlase sobre cal será a data de lanzamento do xa famoso teléfono de Apple, anunciada, en principio, para este mes de xuño. En teoría, a data de presentación da campaña será o día 9 e o lanzamento do teléfono, o 18. Porén, o feito de que na páxina -agora desactivada- se ofreza a posibilidade de subscribirse a unha lista de correo con información sobre o iPhone dá que pensar que quizais se adíe até setembro.

En calquera caso, a existencia desta web, confirma, dunha vez por todas, que o operador móbil de Telefónica será quen, finalmente, distribúa o iPhone no Estado Español.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: