Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
“SENTENZA EXEMPLAR”

Condenados a dous anos de cadea os acusados de queimarlle o coche a un concelleiro nacionalista de Nigrán

Os autores do atentado recoñeceron que querían vingarse do edil por ter denunciado irregularidades urbanísticas.

Redacción - 18:20 16/10/2008

Ricardo M.A.L. e Xosé G.F. foron condeados a dous anos de cadea, cada un deles, e ao pago dunha indemnización de 22 mil euros logo de quedar demostrado que foron os que lle queimaron o coche en novembro de 2005 ao concelleiro de BNG de Nigrán David Giráldez. A sentenza, que se produce logo dun acordo entre as partes, tamén impón unha orden de alonxamento de cinco anos.

O avogado de David Giráldez mostrouse satisfeito cunha resolución que considera “exemplarizante”. Giráldez afirma que queda claro que os feitos respondían a unha vinganza pola actuación política do concelleiro. O nacionalista denunciara en varias ocasións irregularidades urbanísticas na finca propiedade de Ricardo M.A.L. Finalmente os acusados recoñeceron que a motivación eran as denuncias urbanísticas. O acordo entre as partes evita que os dous acusados ingresen na cadea xa que ningún deles ten antecedentes penais.

A sentenza sirve para aclarar un incidente que enrareceu no seu momento a política local, xa marcada polos escándalos urbanísticos. Aínda que dende un principio a tese máis verosímil semellaba o dunha vinganza por motivacións políticas, o daquela alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez, afirmaba que os actos tiñan que ver cun simple problema “entre particulares”.


5/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: