Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
NON VE MOTIVACIÓN URBANÍSTICA

O alcalde de Nigrán di que a queima do coche do concelleiro nacionalista foi simple "violencia entre particulares"

O fío urbanístico do que veu tirando a investigación xudicial para atopar os presuntos responsábeis dos ataques a David Giráldez, concelleiro do BNG en Nigrán, non parecen quedar claros para o rexedor de Nigrán, Alfredo Rodríguez, quen este luns os reducía a "un acto de violencia entre particulares".

Redacción - 09:00 06/03/2007
Dous concelleiros nacionalistas sufriran ataques ás súas propiedades

Dous concelleiros nacionalistas sufriran ataques ás súas propiedades

As reiteradas denuncias de actuacións urbanísticas irregulares no contorno do concello que fixo durante a súa traxectoria política o concelleiro nacionalista David Giráldez fixéranlle sufrir diversas ameazas, entre elas a queima do seu coche.

A evidente motivación urbanística desta situación pareceu quedar finalmente confirmada en datas recentes, cando a Garda Civil detivo a persoas vencelladas a unha das empresas implicada nos manexos urbanísticos denunciados por Giráldez, entre eles unha persoa relacionada co Partido Popular.

O alcalde de Nigrán resístese agora a admitir esa relación e acusa ao grupo municipal do BNG de actuar "baixo efectos da esquizofrenia política". Segundo Alfredo Rodríguez, aqueles sucesos "non teñen nada que ver coa política municipal nin co PP".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: