Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aínda sen moitas ideas concretas

Os líderes da UE insinúan unha "refundación do capitalismo"

O último en usar a expresión, o presidente de quenda da UE, o francés Nicolás Sarkozy, anuncia unha gran xuntanza económica para decembro con ese obxectivo.

Redacción - 09:00 16/10/2008

Reconstruír o sistema económico mundial "partindo de cero" foi a proposta realizada este mesmo mércores polo presidente de Francia, Nicolás Sarkozy, neste semestre tamén presidente de quenda do Consello Europeo. Sarkozy realizou esta reflexión ao tempo que agoiraba que a actual crise está lonxe de rematar e afirmaba que terá "consecuencias duradeiras" e que lle afectará a crecemento, emprego e poder adquisitivo".

Así e todo, insistiu Sarkozy en quitarlle culpa ao capitalismo, prognosticando a posibilidade dun "bo" capitalismo. "A crise financeira pola que pasamos non é a crise do capitalismo, é a crise dun sistema que se afastou dos valores do capitalismo e que en certo modo traizoounos", explicou. "Hai que refundar o capitalismo sobre bases éticas, as do esforzo e a responsabilidade, porque vimos de estar no gume da catástrofe", insistiu. Con ese obxectivo, propuxo unha xuntanza global para o próximo mes de decembro, que podería celebrarse en Nova York.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: