Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

Volven as treboadas ás bolsas de todo o mundo

O temor á recesión fixo que os principais mercados europeos rexistrasen perdas de entre un 5 e un 7%. O pesimismo tamén volve a Wall Street.

Redacción - 19:05 15/10/2008

Aínda que moitos expertos aseguran que os os poderes públicos xa puxeron  os alicerces para encarreirar a crise financeira, o certo é que as bolsas viviron este mércores unha xornada marcada por perdas acentuadas. O medo á recesión mundial nótase nese termómetro especulativo. Así, o Ibex 35 español viviu un dos peores días do ano cunha caída de algo máis dun 5%.  Frankfurt deixou 6,4 puntos, París 6,6 e Milán 5,3. Peor foi o acontecido en Londres onde as perdas foron dun 7,16%. Ao outro lado do océano, Wall Street comeza a xornada tamén con perdas.

Ampliar información:

The Independent: Fears send London shares crashing
Le Monde: Wall Street et les Bourses européennes en nette baisse


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: