Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ECONOMÍA

Os 15 membros da zona euro buscan en París solucións contra a crise

Mentres, o goberno do Reino Unido poderíase converter no principal accionista de dous dos bancos máis importantes.

Redacción - 11:30 12/10/2008

Os xefes de Estado e de Goberno da Eurozona reúnense este domingo en París para tratar a crise financeira mundial e tomar medidas para evitar que vaia a máis. Así o confirmaron os ministros de Exteriores de Italia e do Estado Español.

A reunión "urxente" fora solicitada polo presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero para "artellar unha acción coordinada e forte" dos 15 estados que pertencen á zona euro.

Un dos estados que renunciou voluntariamente a formar parte desa zona, o Reino Unido, ten previsto levar a cabo o luns o seu meirande plan de rescate bancario despois de que as catro principais institucións financeiras do país, o HBOS, o Royal Bank of Scotland (RBS), Lloyds TSB e Barclays, pedisen máis de 44 mil millóns de euros para evitar a creba, segundo informou o Sunday Times. A decisión, sen precedentes, converterá o goberno británico no principal accionista de, polo menos, dúas das entidades, HBOS e RBS.

Por outra banda, o Comité Monetario e Financeiro da Xunta de Gobernadores do Fondo Monetario Internacional (FMI) aprobou este domingo un comunicado que apoia o plan anunciado polo G7 para superar a crise financeira.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: