É unha iniciativa pioneira no baloncesto estatal. Integrarase na web da Federación Galega a xeito de plataforma virtual.
A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración coa Federación Española, vai poñer en marcha este mes o Club do Adestrador Galego, unha iniciativa totalmente pioneira que lles dispoñibilizará aos adestradores -que conten con licenza federativa-, un soporte virtual, que á súa vez lles vai permitir manter unha formacións constante e un contacto e intercambio continuo de ideas e material.
O proxecto estará dirixido -por encomenda da Escola Galega de Adestradores da Fegaba-, polo ourensán Diego Ocampo Vázquez, segundo adestrador, até a pasada tempada, do Akasvayu Girona (ACB) e actual seleccionador galego absoluto.