Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No Torneo Masculino das Nacións de baloncesto

Para comezar… un Galiza-Portugal

Esta sexta feira, ás 18:00 horas comeza en Xirona o campionato que ha enfrontar a Galiza, Portugal, Euskadi e Cataluña.

Redacción - 13:50 06/06/2008
O seleccionador galego, Diego Ocampo

O seleccionador galego, Diego Ocampo

O Torneo masculino das Nacións comeza esta sexta feira á tarde. O primeiro partido ha enfrontar a Galiza e a Portugal, ás 18:00 horas. Dúas horas despois xogan Cataluña e Euskadi.

O sábado, que é tamén o Día das Seleccións Deportivas Catalás, comezará a loita polo terceiro e cuarto posto será ás 18:00, e a final, que será ás 20:00 horas.

Galiza e Portugal na primeira semifinal
A Galiza de Diego Ocampo hase enfrontar a Portugal, equipo dirixido polo galego Moncho López, quen ademais, con este encontro, debuta sobre a cancha como seleccionador nacional.

A nosa selección contará coa presenza de Lucho Fernández, que vén de gañar a ACB co TAU, e que ten que se incorporar á expedición galega tras a baixa de Manu Cagiao, por enfermidade.

Galegos e portugueses xa levan un día en Xirona preparando o primeiro encontro, buscando un posto na final do sábado. Os portugueses, que xa se amosaron máis dunha vez encantados co seu novo seleccionador, demostrarán sobre a cancha o aprendido nos poucos adestramentos xuntos que puideron facer ás ordes de López. Os galegos saben que o nivel é alto (sobre todo pola parte catalá, onde hai xogadores coma Ricky Rubio, o potente base do Joventut), pero chegan confiados e con ganas de demostrar o que saben facer.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A nova incorporación da selección galega, o ferrolán Lucho Fernández
A nova incorporación da selección galega, o ferrolán Lucho Fernández
Unha imaxe do Galiza-Cuba do ano pasado
Unha imaxe do Galiza-Cuba do ano pasado
Un dos rivais mais fortes é Cataluña, co base Ricky Rubio
Un dos rivais mais fortes é Cataluña, co base Ricky Rubio