Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No Torneo feminino das Nacións

Galiza xoga esta fin de semana contra Cataluña, Brasil e Euskadi ao balonmán

A selección viaxa a Cataluña para participar neste cuadrangular froito da Declaración de San Mamés e continuación do Torneo de Baloncesto desenvolvido a fin de semana das Letras.

Redacción - 11:44 21/05/2008

A selección galega feminina de balonmán, xunto ás seleccións de Euskadi, Cataluña e Brasil, ha disputar esta fin de semana en Tárrega (Lleida) o Trofeo das Nacións, competición que naceu este ano froito da Declaración de San Mamés que asinaron os responsábeis do deporte de Galiza, Euskadi e Cataluña.

O primeiro encontro da competición será este sábado 24, ás 13:00 horas, e enfrontará a Cataluña coa selección brasileira. Posteriormente, ás 19.00 horas, Galiza loitará contra Euskadi por un posto na final.

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, viaxará a Cataluña para acompañar á selección nacional neste campionato.


3,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: