As subcampioas do Mundial de Fútbol Sala fixeron historia, e os afeccionados rendéronlles un pequena homenaxe ao aterrar na Coruña.
Media ducia de membros do colectivo Siareir@s Galeg@s desprazáronse na noitiña da segunda feira ao aeroporto coruñés de Alvedro para recibir á selección galega feminina de fútbol sala, que ficou subcampioa no Mundial de Reus.
As irmandiñas chegaban de facer historia, e, segundo contan dende Siareir@s, agradeceron, xunto co seleccionador Eduardo Lago Tito, e o corpo técnico, o "recibimento dado por familiares e amigos", ademais de varios membros deste colectivo, que portaban unha faixa coa lenda "Somos unha nación. Queremos a oficialidade".
A capitá da selección galega, Sonia Pacios, e Tito, o adestrador, atenderon o colectivo, como se pode apreciar no vídeo (dispoñibilizado a carón desta información ) que fixeron do recibimento.