Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
para saber se pasan a cuartos

As irmandiñas gáñanlle a Ucraína, mais terán que agardar polo que faga Rusia

É o seu primeiro triunfo no Mundial. Nunha final agónica, as de Eduardo Lago venceron por 5 goles a 4.

Redacción - 19:30 30/09/2008
Imaxe do pavillón no que se xoga o Mundial, en Reus

Imaxe do pavillón no que se xoga o Mundial, en Reus

Agora só queda agardar o resultado do partido que xoguen Ucraína e Rusia para saber se as galegas pasan á seguinte fase, os cuartos de final do Mundial de Reus. Así están as cousas despois de que Galiza perdese contra Rusia esta segunda feira, por 3-2.

Porén, o desta terza feira é un traballado triunfo das irmandiñas no primeiro Mundial no que xoga unha selección galega.

Galiza-Ucraína
Segundo contan dende Deporte Galego (están en Reus a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán), as galegas dominaron o partido con relativa facilidade (comezaron gañando por un claro 5 a 2), mais nos últimos minutos complicáronse un chisco de máis, o que fixo remontar ás ucraínas.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: