Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Balonmán galego

O Pilotes xa leva 119 goles no que vai de liga

É o sexto equipo máis goleador da tempada e vai quinto na clasificación ligueira. O Teucro vai de 13º, e enfróntase ao JD Arrate este sábado.

Redacción - 11:29 01/10/2008
Imaxe do partido do Teucro e o Almería

Imaxe do partido do Teucro e o Almería

O Octavio Pilotes Posada protagonizou un gran comezo de tempada. Van só catro xornadas de Liga Asobal, e os vigueses xa están situados na sexta posición entre os equipos máis goleadores do campionato, con 119 goles. Os últimos tantos, 31, marcáronllos ao Naturhouse La Rioja a pasada semana.

Con estes resultados, o Pilotes sitúase de quinto na clasificación xeral da Asobal, con 6 puntos. Por diante del están os pesos pesados do balonmán estatal: o Reale Ademar (cuarto, con 7 puntos), o Portland San Antonio (terceiro, con 7 puntos), o FC Barcelona Borges (segundo, con 8 puntos) e o Fraikin BM Granollers (primeiro, con 8 puntos). Precisamente este último equipo, o BM Granollers, será o rival dos vigueses este sábado na quinta xornada do campionato. Xogan fóra da casa, pero os números e os resultados que están a ter, ademais da súa sólida defensa, poderían acompañar os xogadores do Octavio.

O Teucro, 13º na liga
Polo seu lado, o Teucro, considerado este ano un equipo destinado a pasalo mal na liga e a loitar pola permanencia durante toda a tempada, sorprendeu aos máis críticos coa súa contundente vitoria (por 24-32) ante o Keymare Almería, o pechacancelas da clasificación. O sábado os de Pontevedra enfróntase ao JD Arrate na casa, un equipo que vai xusto por riba deles (de 12º) na clasificación xeral da liga Asobal.

Ámbolos dous equipos galegos do balonmán estatal están inmersos estes días nos seus adestramentos.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: