Marta Souto, presente en toda a competición, destacou o éxito desta I Copa Galicia de Balonmán, tanto a nivel de organización, como deportivo e de público.
Marta Souto felicita os xogadores do Pilotes Posada
Os vigueses, nunha apaixonante final, proclamáronse vencedores da I Copa Galicia de balonmán, tras superar aos pontevedreses do Teucro na prórroga por un só gol, ficando ao final 33 a 34.
O mellor do balonmán galego
O partido, xogado en Ribadavia o pasado sábado, xuntou o mellor balonmán galego, enfrontando a dous equipos da liga Asobal, o Pilotes Posada Academia Octavio e o Teucro.
O conxunto pontevedrés estivo por diante durante todo o partido, pero o Academia Octavio conseguiu remontar unha diferenza de oito goles no segundo tempo para chegar ao empate a falta de cinco segundos para o remate do partido. Na prórroga, o Octavio, con máis forzas tras a remontada, foi por diante dende o principio e non se deixou superar por un Teucro que o intentou todo ata o final.
A primeira Copa Galicia, todo un éxito
A nivel de organización, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, destacou o bo facer e o traballo intensivo da Federación Galega de Balonmán, á que animou a seguir adiante nese esforzo.
Mais tamén destacou o espectáculo deportivo co que se puido gozar nesta Copa Galicia. A proba máis destacada foi a final, na que os dous equipos galegos que esta tempada van a xogar na Asobal loitaron polo triunfo a treu, chegando mesmo á prórroga para decidir o campión. Esta final amosou, segundo Souto, o gran momento que está a vivir o balonmán galego.
Levando o balonmán por todo o país
A I Copa Galicia celebrouse en diferentes vilas e cidades galegas, xa que se procuraba levarlles a todos os galegos o mellor balonmán do seu país. Tamén se quería chegar, de xeito especial, a lugares onde non teñan a posibilidade de ver todas as semanas aos mellores equipos galegos.
Deste xeito, a afluencia de público foi moi positiva e iso a pesares de se celebrars durante o verán. Ademais, a fase final xogouse en Carballo -as semifinais-, e Ribadavia -a final e maila final de consolación-, e en nos dous partidos tiveron moito público, alén dos afeccionados.