Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Pilotes e Teucro xogan esta cuarta feira

O balonmán galego anda cauteloso

É a terceira xornada da liga. Os de Vigo enfróntanse ao Cuenca 2016, e os de Pontevedra ao Valladolid.

Redacción - 12:53 24/09/2008
Imaxe do partido entre o Pilotes e o Antequera da pesada xornada de liga

Imaxe do partido entre o Pilotes e o Antequera da pesada xornada de liga

O Octavio Pilotes Posada de Vigo xoga esta cuarta feira a súa segunda vitoria da tempada, se lle deixa o Cuenca 2016, equipo que aínda non estreou o seu marcador de puntos nas dúas primeiras xornadas da Liga Asobal.

Os vigueses xa están concentrados en Cuenca e enfróntanse ao partido cos ánimos altos tras gañarlle ao Antequera e amosar un alto nivel no balonmán practicado. Porén, o club amosouse cauteloso, porque a estas alturas da liga, aínda non se pode saber do potencial dos clubes.

E o Teucro...
O mesmo que co Cuenca acontece co Teucro. Segundo o Valladolid, o clube ao que se enfrontará nesta terceira xornada, é un equipo trampa. O ano pasado tiña unha das mellores defensa da liga, este ano, de momento, non demostraron o mesmo. Hai que ter en conta que o partido é na casa e que perder non se contempla. Os grandes do balonmán estatal acostuman gañar a liga con tres derrotas nada máis; Ciudad Real, un deles xunto co Barça e o Ademar, xa ten unha, e non se agarda que vaia dar lugar a moitas máis.

O bo para os pontevedreses, que xogan na casa. O malo, os dous partidos perdidos (contra o Ciudad Real e contra o Ademar, por pouco) As contas pódense botar despois da vitoria.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: