Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nos xulgados da Coruña

O xuíz acepta a suspensión de pagos de Martinsa-Fadesa

Redacción / Europa Press - 12:15 24/07/2008

O xulgado do Mercantil Número 1 da Coruña declarou en situación de concurso voluntario de acredores o grupo inmobiliario Martinsa-Fadesa e nomeou tres administradores concursais.

Segundo o auto do xulgado, o grupo inmobiliario conservará as facultades de administración e disposición do seu patrimonio, pero estas quedarán sometidas "á intervención dos administradores concursais, mediante a súa autorización ou conformidade".

A entidade financeira Bankinter, como acredor, exercerá un dos administradores concursais, xunto coa avogada Antonia Magdaleno. O terceiro será nomeado pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) entre o seu persoal técnico.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: