Desde a Xunta critica que o presidente dos construtores lugueses "non aposte por construír vivendas de máis calidade".
A Consellaría de Vivenda saíu ao paso este mércores das declaracións do presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo, Hipólito Trinidad, quen asegurara temer máis as normativas impulsadas polo Goberno en materia de vivenda que a propia crise económica.
Diante destas declaracións, o delegado provincial da consellaría, Eladio Pombo, dixo lamentar a "descualificación e crítica continua" que desde o colectivo se está facendo das medidas lexislativas aprobadas pola Xunta en materia de política de vivenda. Pombo preguntoulle a líder construtor se "a súa única achega para saír da crise" do sector e pedir que se supriman as iniciativas a prol da mellora da calidade das vivendas.