Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Críticas sindicais a Martinsa-Fadesa

"Hai moito tempo que lle pediamos información á empresa sen ter resposta ningunha"

Redacción - 18:30 15/07/2008

"Desde a compra que Martinsa fixo de Fadesa viñamos solicitándolle á nova empresa documentación e datos que nos permitisen avaliar a situación real, mais non tivemos resposta até hai apenas uns días", explica Santiago Huertas, responsábel de organización da Federación Galega da Construción do sindicato Comisións Obreiras. Huertas teme que a empresa aproveite agora para seguir con despedimentos masivos sen necesidade de negociación "de ningún tipo".

Así, desde esta formación sindical non son optimistas a curto prazo e agoiran que situacións parecidas poden repetirse en breve noutras empresas, "tal e como xa aconteceu no sector con pequenas e medianas compañías". Consideran que o xigante Martinsa-Fadesa non é alleo ao que no fondo é un problema compartido por múltiples empresas do sector inmobiliario e da construción. "A cifra da débeda xa marea", comenta Huertas en referencia aos 5.100 millóns de euros que lastran nese apartado a empresa, malia que subliña que aínda sen ningunha liquidez, Fadesa conta "cun amplo patrimonio aínda que nun contexto de acelerada redución de vendas". Nese sentido, desde a propia empresa aseguran que a valoración dese patrimonio chegaría na actualidade até case o dobre do total da débeda, arredor de

O ERE vaille afectar de inmediato a 234 empregados
Segundo revelaron os representantes sindicais no comité de empresa logo dunha xuntanza este martes, Martinsa-Fadesa achegoulle á autoridade laboral un expediente de regulación de emprego (ERE) que lle afectará a 234 empregados, algo máis da cuarta parte do equipo de 880 traballadores con que actualmente conta a empresa.

Sindicatos e empresa seguen reunidos, á espera de coñecérense os detalles dos despidos, incluída a distribución xeográfica e as compensacións económicas. Anteriormente, a previsión para Galiza era de que até 60 empregados da inmobiliaria perdesen os seus traballos, do total de 181 cos que conta a empresa no país. Alén diso, desde a Federación de Construción da UXT advirten tamén da preocupación polos efectos do ERE nas empresas con subcontratas e nas fornecedoras de materiais diversos.

Do equipo de 880 traballadores directos, Fadesa ten na actualidade na sede da Coruña un total de 181 empregados. Outras 28 persoas traballan noutros puntos do país. Segundo os datos do comité de empresa, nesta sede houbo 140 baixas o ano pasado, incluídos 38 traslados a Madrid e 33 externalizacións a outra compañía do departamento de informática. Este ano, 34 empregados perderon xa o posto.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: