Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise en Martinsa-Fadesa

O Banco Popular recoñece que xa traballaba coa previsión de que isto lle sucedese a Martinsa

Con carácter "preventivo" e diante do "risco" de que a inmobiliaria chegara ao estremo que agora se confirma, o Popular revelou que dotara unha provisión de 100 millóns de euros no primeiro semestre.

Redacción - 12:46 15/07/2008

"O Banco Popular, seguindo a súa tradicional estratexia de prudencia e transparencia, anuncia que se anticipou aos requirimentos que puidesen derivarse deste feito coa realización da dotación no primeiro semestre das provisións que puidesen corresponder a todo o exercicio 2008", sinalou este martes a entidade, ao fío da suspensión de pagamentos en Martinsa-Fadesa.

A provisión é un mecanismo usado polas entidades fronte ao risco de que determinados clientes non poidan afrontar as súas débedas, a través do cal admiten a existencia do risco de perder o outorgado a crédito. Neste sentido, o Popular estabeleceu provisións por un importe de 100 millóns de euros, que se contabilizaron como dotación específica "por concepto de risco sub estándar" e cubríronse con plusvalías realizadas no segundo trimestre.

No mesmo sentido, Caja Madrid comunicou que lle concedera a Martinsa-Fadesa créditos por valor de 1.000 millóns de euros e que provisionou 250 millóns polas eventuais perdas que estes préstamos puideran xerar.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: