Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Vacacións en paz"

Case un milleiro de cativos chegan do Sáhara a pasar o verán

Serán, entre xoves e sábado, un total 846 rapaces, nunha expedición que algúns municipios teñen aínda pendente de pagar.

    Redacción - 09:00 10/07/2008

    Desde primeiras horas desde xoves chegan ao aeroporto de Santiago os 846 nenos saharauís que integran a expedición que este ano vivirá por espazo de dous meses con diferentes familias de toda Galicia dentro do programa "Vacacións en Paz", organizado pola asociación Solidariedade galega co pobo saharahui.

    A asociación informou de que a chegada dos diferentes voos está prevista para xoves, venres e sábado, nun operativo que suporá a chegada de dous avións na primeira xornada e un máis cada un dos dous días seguintes. Todos os nenos viaxan dende o aeroporto alxeriano de Tinduf e proceden dos campamentos de refuxiados saharauís nos que residen dende hai máis de trinta anos os cidadáns do Sáhara Occidental.


    5/5 (2 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: