Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Bicicleta de montaña

Eva Castro fica décimo sexta no Mundial

A oleirense amosouse contenta co resultado porque "tiña rivais moi complicadas". A gañadora foi a balear Marga Fullana.

Redacción - 13:41 23/06/2008
Castro, adestrando

Castro, adestrando

O domingo Eva Castro competía no Campionato do Mundo de Four Cross, en Val di Sole (Italia), onde, segundo contaba no seu blog, agardaba "mellorar os meus últimos resultados. Quedar entre as 8 primeiras sería xenial; aos mundiais vai todo o mundo súper preparado, e xogas todo nunha carreira".

Mais desta volta a ciclista oleirense tivo que se conformar co décimo sexto posto, porque, ademais dun complicado circuíto, as súas rivais non eran as mesas, xa que había algunhas especialistas en BMX coa ollada posta en Beixín.

Mais a clasificación non lle roubou alegría, porque, segundo dixo, estaba contenta posto que puido manterse á roda dalgunhas das rivais máis complicadas durante parte do percorrido, aínda que nos últimos metros se perdese un bocado da cabeza da proba.

A gañadora do Mundial foi a mallorquina Margarita Fullana que, con este, conseguía o seu terceiro título, a menos de dous meses para Beixín.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Castro co piloto, tamén da selección estatal, Rafael Álvarez de Lara
Castro co piloto, tamén da selección estatal, Rafael Álvarez de Lara
Eva Castro, adestrando para as competicións oficiais
Eva Castro, adestrando para as competicións oficiais